Seleccionar página

BASES REGULADORAS DO RETO: RECICLA E ÚNETE AO RETO!

1.- Organizadores e obxecto

Ecoembes, a entidade sen ánimo de lucro que coida do medio ambiente a través da reciclaxe e o ecodeseño dos envases con domicilio en Cardenal Marcelo Spínola, 14, 2ª planta de Madrid e a  Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda con dirección en Edificio administrativo de San Lázaro, s/n de Santiago de Compostela, A Coruña (en adiante, “OS ORGANIZADORES”), teñen previsto realizar unha acción denominada RECICLA. UNETE AO RETO! (en adiante, “O RETO”), que se desenvolverá de conformidade co establecido nas presentes bases.

O RETO ten como obxecto incentivar á cidadanía de 13 municipios galegos para que aumenten a súa achega ao contedor amarelo, separando correctamente os envase lixeiros do resto de residuos

2.- Duración

A data de comezo do RETO establécese para o día 01/03/2022 e fin para o 31/05/2022

Se por causas de forza maior fose necesario aprazar, modificar, anular ou repetir O RETO, este feito se comunicará polos mesmos medios que foron comunicadas as presentes bases, ou en aqueles medios que OS ORGANIZADORES estimen oportuno.

3.- Participantes

Poden participar no RETO os 13 municipios galegos listados a continuación (que actuarán a través dos seus correspondentes Concellos):

  • A Laracha
  • Bueu
  • Burela
  •  Cangas
  • Carballiño
  • Chantada
  • Gondomar
  • Moaña
  • Ordes
  • Santa Comba
  • Sarria
  • Tomiño
  • Verin

4.- Mecánica da promoción

Para superar O RETO, cada municipio dos mencionados deberá:

  • AUMENTAR A ACHEGA AO CONTEDOR AMARELO UN 10% DURANTE TRES MESES CONSECUTIVOS, COMPARANDO ESTAS ACHEGAS CO MESMO PERIODO DO ANO ANTERIOR, DE CADA MUNICIPIO. É DICIRI, CADA MUNICIPIO “COMPITE” CONSIGO MESMO.

Ecoembes realizará as medicións do incremento de enchido dos contedores amarelos en cada municipio e o fará público, polo menos unha vez ao mes, durante o período de participación. Esta información ofrecerase na páxina web www.uneteaoreto.com

5.- Descrición  e entrega do premio

Cada un dos concellos dos 13 municipios que superen O RETO terá dereito a decidir a causa social a súa elección, consensuada cos ORGANIZADORES, á que estes derradeiros doarán unha cantidade de 2.000 (dous mil) euros en forma de doazón incodicionada, pura e simple. A causa social deberá estar xestionada por unha entidade beneficiaria do mecenado á que lle resulte de aplicación e poda ser beneficiaria do réxime de mecenado, previsto na Lai 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado (“Lei de Mecenado”).

O abono desta doazón en forma directa mediante cheque (talón nominativo) entregado á causa social elixida será efectuado polos ORGANIZADORES  a través da entidade Comparte Marketing Social S.L. (organizador técnico da campaña do RETO) e mediador no pago da cantidade en nome e por conta dos ORGANIZADORES).

Esta cantidade será entregada a cada causa social dos municipios que superen O RETO nun prazo máximo de 20 días hábiles a contar dende a súa finalización. OS ORGANIZADORES comunicarán aos Concellos dos municipios a data concreta dentro deste prazo para que o comuniquen á causa social seleccionada quen deberá facilitar aos ORGANIZADORES os detalles para facilitar a súa entrega.

A entrega da cantidade estará condicionada exclusivamente á entrega por parte da entidade que reciba a doazón correspondente á causa social especificada do certificado de doazóns previsto na Lei de Mecenado.

O premio, en ningún caso, poderá ser obxecto de cambio en metálico, alteración ou compensación a petición dos Concellos dos municipios gañadores nin da entidade beneficiaria da doazón. Do mesmo xeito, o premio é intransferible.

OS ORGANIZADORES comunicarán aos Concellos dos municipios que teñan superado O RETO.

OS ORGANIZADORES resérvanse o dereito de verificar o adecuado destino final do premio.

O premio non se entregará se a causa social á que vai destinada non está seleccionada por cada Concello dos municipios gañadores, antes da entrega deste, ou se non é unha entidade beneficiaria da Lei de Mecenado.

Os Concellos dos municipios aceptan que en ningún caso terán dereito á percepción de cantidade ou renda algunha por ningún concepto derivada da súa participación no RETO. Asemade, aceptan que a súa participación no RETO non supón en modo algún na entrega de bens ou prestación de servizos.

6.- Aceptación de bases

A participación no RETO supón a aceptación, por parte dos Concellos dos municipios mencionados no apartado 3 anterior e das entidades de mecenado que reciban a doazón, na súa totalidade e expresamente, o contido das presentes bases presentadas ante notario.

Estas bases poderán consultarse na páxina web www.uneteaoreto.com

O incumprimento dalgunha destas bases suporá a exclusión do municipio do RETO.

7.- Modificacións

Se por causas de forza maior fixeran necesario aprazar, modificar ou anular O RETO farase constar nas presentes Bases, polo que convidamos a consultalas con posterioridade á participación.

Os organizadores resérvanse o dereito de suspender, aprazar, cancelar ou modificar a duración do RETO en calquera momento, sempre que existan causas razoadas que así o xustifiquen.

OS ORGANIZADORES resérvanse o dereito a evitar que, sobre esta promoción, establézanse sistemas de especulación ou de negocios. A tal fin, poderá excitar as accións legais que estime oportunas.

8.- Exoneración de responsabilidade

OS ORGANIZADORES quedan exonerados de calquera responsabilidade que puidera derivar do incumprimento ou cumprimento defectuoso polos participantes das presentes Bases. OS ORGANIZADORES non asumirán a responsabilidade por eventuais danos e prexuízo sufridos polos premiados ou terceiros, salvo das irrenunciables por lei.