Seleccionar página

Benvidos ao Reto

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda xunto con Ecoembes propoñen un reto a 11 municipios galegos estratéxicos.

Recicla e únete ao Reto!

Reciclando axudas a manter o aire limpo e, se do 1 de abril ao 30 de xuño, colaboras botando todos os teus envases lixeiros (latas, briks e envases de plástico) no contedor amarelo e,  entre todos, conseguides incrementar nun 10% a reciclaxe destes residuos, respecto aos mesmos meses do ano pasado, o teu concello gañará un premio de 1.500 euros para doar a unha causa social local.

Nesta páxina atoparás tódalas indicacións para facer unha reciclaxe efectiva.

Contamos contigo? Únete ao reto!

Bases legais

Recicla

DEPOSITA NO CONTEDOR AMARELO

TODOS OS ENVASES DE PLÁSTICO

Botellas de auga, refrescos e leite.

Envases de produtos de limpeza. Xeles de baño, colonia e xampú. Bolsas de conxelado.

Envases de manteiga e iogur.

Bandexas e envoltorios de plástico, bolsas de aperitivos e lambetadas e a bolsa de plástico dos comercios.

TODOS OS ENVASES TIPO BRIK

Envases tipo brik de zumes, leite, viño,

batidos, caldos, gazpacho, etc.

TODOS OS ENVASES METÁLICOS

Latas de conservas, latas de bebidas,

bandexas de aluminio, aerosois,

tapóns metálicos de botellas

e tapas de frascos.

Para que a reciclaxe sexa máis efectiva, baleira ben os envases e usa as bolsas dos comercios para levalos ao contedor.

QUE NON DEPOSITAR NO CONTEDOR AMARELO

Nunca deposites no contedor amarelo roupa, vidro, cartón, orgánicos ou outros obxectos que non sexan envases.

Para que a reciclaxe sexa máis efectiva, baleira ben os envases e usa as bolsas dos comercios para levalos ao contedor.

DEPOSITA NO CONTEDOR DE RESTO

ORGÁNICOS E RESTOS DE RESIDUOS

Restos de comida ou cueiros, xoguetes rotos, cristais, vaixelas ou cubertos, obxectos de plástico ou metal que non sexan envases, etc.

O contedor de resto está destinado a aqueles residuos que non sexan envases ou que non teñan un lugar específico de recollida no teu municipio. Cando non esteas seguro de onde depositar algo, consulta co teu concello ou lévao ao punto limpo.

DEPOSITA NO CONTEDOR AZUL

ENVASES DE CARTÓN

Todos os envases de cartón que usamos pódense reciclar:

caixas de galletas, de cereais, de zapatos, de produtos conxelados, oveiras de cartón, etc.

TODO TIPO DE PAPEL

Xornais, libros, revistas e bolsas de papel.

Podes volver empregar as bolsas de papel que che dan nas tendas para gardar os envases de cartón, ben pregados, e levalo todo ao contedor azul.

DEPOSITA NO IGLÚ VERDE

ENVASES DE VIDRO

Todos os envases de vidro que usamos pódense reciclar:

Botes, botellas, tarros…

Para facilitar a reciclaxe destes envases é preciso introducilos no contedor sen tapóns nin tapas.

Concellos participantes:

Quilogramos recollidos

Arzúa

Mos

Xinzo

Baiona

Nigrán

Barbadás

Ribadeo

Celanova

Salvaterra

Melide

Silleda