
Benvidos ao Reto
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda xunto con Ecoembes propoñémosvos un reto a trece municipios galegos estratéxicos:
Recicla, Únete ao Reto!
Reciclando axudas a manter o aire limpo e, se do 1 de marzo ao 31 de maio, colaboras botando todos os teus envases lixeiros (latas, briks e envases de plástico) no contedor amarelo, e entre todos conseguides incrementar nun 10% a reciclaxe destes residuos, respecto aos mesmos meses do ano pasado, o teu concello gañará un premio de 2.000 euros para doar a unha causa social local.
Nesta páxina atoparás tódalas indicacións para facer unha reciclaxe efectiva.
Contamos contigo? Únete ao reto!

Recicla


DEPOSITA NO CONTEDOR AMARELO
TÓDOLOS ENVASES DE PLÁSTICO
Botellas de auga, refrescos e leite.
Envases de productos de limpeza. Xeles de baño, colonia e xampú. Bolsas de conxelado.
Terrinas de manteiga e envases de iogur.
Bandexas de cortiza branca, envoltorios de plástico, bolsas de aperitivos e lambetadas e a bolsa de plástico dos comercios.

TÓDOLOS ENVASES TIPO BRICK
Envases tipo brik de zumes, leite, viño,
batidos, caldos, gazpacho, etc.

TÓDOLOS ENVASES METÁLICOS
Latas de conservas, latas de bebidas,
bandexas de aluminio, aerosois,
tapóns metálicos de botellas
e tapas de frascos


Para que a reciclaxe sexa máis efectiva, baleira ben os envases e usa as bolsas dos comercios para levalos ao contedor.

QUE NON DEPOSITAR NO CONTEDOR AMARELO

Nunca deposites no contedor amarelo roupa, vidro, cartón, orgánicos ou outros obxectos que non sexan envases.

Para que a reciclaxe sexa máis efectiva, baleira ben os envases e usa as bolsas dos comercios para levalos ao contedor.

DEPOSITA NO CONTEDOR DE RESTO
ORGÁNICOS E RESTOS DE RESIDUOS

Restos de comida ou cueiros, xoquetes rotos, cristais, vaixelas ou cubertos, obxectoss de plástico ou metal que non sexan envases, etc.

O contedor de resto está destinado a aqueles residuos que non sexan envases ou que non teñan un lugar específico de recollida no teu municipio. Cando non esteas seguro de onde depositar algo, consulta co teu concello ou lévao ao punto limpo.

DEPOSITA NO CONTEDOR AZUL
ENVASES DE CARTÓN
Tódolos envases de cartón que usamos pódense reciclar:
caixas de galletas, de cereais, de zapatos, de produtos conxelados, oveiras de cartón, etc.


TODO TIPO DE PAPEL
Xornais, libros, revistas e bolsas de papel.

Podes volver a empregar as bolsas de papel que che dan nas tendas para gardar os envases de cartón, ben pregados, e levalo todo ao contedor azul.

DEPOSITA NO IGLÚ VERDE
ENVASES DE VIDRO
Tódolos envases de cartón que usamos pódense reciclar:
caixas de galletas, de cereais, de zapatos, de produtos conxelados, oveiras de cartón, etc.


Para facilitar a reciclaxe destes envases é preciso introducilos no contedor sen tapóns nin tapas.
Concellos participantes:
Quilogramos recollidos-marzo 2022