BASES REGULADORAS DO RETO: RECICLA, RESPIRA E SUPÉRATE
1.- Organizadores e obxecto
Ecoembes, a entidade sen ánimo de lucro que coida do medio ambiente a través da reciclaxe e do ecodeseño dos envases con enderezo en Pso. De la Castellana 83-85, planta 11 de Madrid e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio con enderezo en Edificio administrativo de San Lázaro, s/n de Santiago de Compostela, A Coruña (en adiante OS ORGANIZADORES), teñen previsto realizar unha acción denominada O RETO: Recicla, Respira e Supérate (en adiante O RETO), que se desenvolverá de conformidade co establecido nas presentes bases.
O RETO ten como obxectivo incentivar á cidadanía de quince municipios galegos para que aumenten a súa achega ao contedor amarelo, separando correctamente os envases lixeiros do resto de residuos.
2.- Duración
A data de comezo de O RETO establécese para o día 02/05/2018 e o fin para o 31/07/2018.
Se por causas de forza maior fose preciso aprazar, modificar, anular ou repetir O RETO, este feito comunicarase polos mesmos medios que foron comunicadas as presentes bases, ou en aqueles medios que OS ORGANIZADORES estimen oportunos.
3.- Participantes
Poden participar en O RETO os quince municipios galegos listados a continuación:
Ourense Vilagarcía de Arousa Boiro
Lugo Redondela Viveiro
Santiago de Compostela Ribeira Vilalba
Ferrol Marín Pontevedra
Narón Monforte de Lemos O Barco de Valdeorras
4.- Mecánica
Para superar O RETO, cada municipio dos mencionados deberá:
AUMENTAR A ACHEGA AO CONTEDOR AMARELO UN 10% DURANTE TRES MESES CONSECUTIVOS, COMPARANDO ESTAS ACHEGAS CO MESMO PERIODO DO ANO ANTERIOR, DE CADA MUNICIPIO. É DICIR, CADA MUNICIPIO “COMPITE” CONSIGO MESMO.
Ecoembes, realizará as medicións do incremento de enchido dos contedores amarelos en cada municipio e trasladará esta información, ao menos unha vez ao mes, durante o período de participación. Esta información estará publicada en www.uneteaoreto.com
5.- Descrición e entrega do premio
Cada un dos 15 municipios que superen O RETO conseguirá 2.000 euros que se doarán a unha causa social da súa elección e consensuada cos ORGANIZADORES. O abono desta doazón será efectuado por Comparte Marketing Social, S.L. (organizador técnico da campaña de O RETO), de forma directa mediante cheque (talón nominativo) á causa social elixida.
O premio será entregado a cada causa social dos municipios que teñan superado O RETO nun prazo máximo de 60 día hábiles a contar dende a súa finalización (31 de xullo de 2018). OS ORGANIZADORES comunicarán aos Concellos a data concreta dentro deste prazo para que o transmitan á causa social seleccionada, así como os detalles para a entrega do mesmo.
O premio, en ningún caso, poderá ser obxecto de cambio en metálico, alteración ou compensación a petición dos gañadores. Asemade, o premio é intransferible.
OS ORGANIZADORES comunicarán aos Concellos dos municipios que teñan superado O RETO.
OS ORGANIZADORES resérvanse o dereito de verificar o axeitado destino final do premio.
O premio non se entregará no caso de que a causa social á que se destina non fose elixida por cada Concello gañador, antes da entrega do mesmo.
6.- Aceptación de bases
A participación en O RETO supón a aceptación, por parte da cidadanía dos quince municipios mencionados, na súa totalidade e expresamente, das presentes bases presentadas ante notario.
Estas bases poderán consultarse en www.uneteaoreto.com
O incumprimento dalgunha destas bases terá como consecuencia á exclusión de O RETO.
7.- Modificacións
Se causas de forza maior obrigasen a aprazar, modificar ou anular O RETO farase constar nas presentes Bases, polo que convidamos a consultalas con posterioridade á participación.
OS ORGANIZADORES resérvanse o dereito de suspender, aprazar, cancelar ou modificar a duración de O RETO en calquera momento, sempre que existan causas razoadas que así o xustifiquen.
8.- Exoneración de responsabilidade
OS ORGANIZADORES quedan exonerados de calquera responsabilidade que se derivase do incumprimento ou cumprimento defectuoso polos participantes, das presentes bases.
OS ORGANIZADORES non asumirán a responsabilidade por eventuais danos e prexuízos sufridos polos premiados ou terceiros, salvo das irrenunciables por lei.