Benvidos ao Reto
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda xunto con Ecoembes propoñémosvos un reto a quince municipios galegos estratéxicos:
Recicla, Únete ao Reto!
Reciclando axudas a manter o aire limpo e, se do 1 de febreiro ao 30 de abril, colaboras botando todos os teus envases lixeiros (latas, briks e envases de plástico) no contedor amarelo, e entre todos conseguides incrementar nun 10% a reciclaxe destes residuos, respecto aos mesmos meses do ano pasado, o teu concello gañará un premio de 2.000 euros para doar a unha causa social local.
Nesta páxina atoparás tódalas indicacións para facer unha reciclaxe efectiva.
Contamos contigo? Únete ao reto!

Recicla.

DEPOSITA NO CONTEDOR AMARELO

TÓDOLOS ENVASES DE PLÁSTICO
Botellas de auga, refrescos e leite.
Envases de productos de limpeza. Xeles de baño, colonia e xampú. Bolsas de conxelado.
Terrinas de manteiga e envases de iogur.
Bandexas de cortiza branca, envoltorios de plástico, bolsas de aperitivos e lambetadas e a bolsa de plástico dos comercios.


TÓDOLOS ENVASES METÁLICOS
Latas de conservas, latas de bebidas,
bandexas de aluminio, aerosois,
tapóns metálicos de botellas
e tapas de frascos
TÓDOLOS ENVASES TIPO BRICK
Envases tipo brik de zumes, leite, viño,
batidos, caldos, gazpacho, etc.

* Para que a reciclaxe sexa máis efectiva, baleira ben os envases e usa as bolsas dos comercios para levalos ao contedor.
QUE NON DEPOSITAR NO CONTEDOR AMARELO


Nunca deposites no contedor amarelo roupa, vidro, cartón, orgánicos ou outros obxectos que non sexan envases.
* Se os mesturas cos envases do contedor amarelo, botarás a perder o esforzo de todos.
DEPOSITA NO CONTEDOR DE RESTO

ORGÁNICOS E RESTOS DE RESIDUOS

Restos de comida ou cueiros, xoguetes rotos, cristais, vaixelas ou cubertos, obxectos de plástico ou metal que non sexan envases, etc.
DEPOSITA NO CONTEDOR AZUL

ENVASES DE CARTÓN
Tódolos envases de cartón que usamos pódense reciclar:
caixas de galletas, de cereais, de zapatos, de produtos conxelados, oveiras de cartón, etc.


TODO TIPO DE PAPEL
Xornais, libros, revistas e bolsas de papel.
DEPOSITA NO IGLÚ VERDE

ENVASES DE VIDRO
Aquí podes depositar calquera botella de vidro, os frascos de cosmética e de colonia, e tamén os tarros de marmelada e de conserva.
